Hoxe comezamos a debuxar e imaxinar os prototipos, alén de conseguir o material para comezar a prototipa-los.
Sería por un lado unha caixa con botóns e mini-joystick para ter controlo remoto sobre os dispositivos. Con velcro poderiase incoporar ao reposabrazos da cadeira de rodas.
Por outra banda, estaría un colar cun arduino nano incoporado con sensor de vibración do cal saísen unhas varillas de metal que trasladen a vibración por prescozo e testa. Outro dispositivo a controlar sería un electrodo con sensores de vibración para aplicar en diferentes partes do corpo.
Para a auto-exploración sexual anatómica Majo de Post-Op dispón de material xa mercado (microscopio, espello, lupa) que aínda que se podería replicar de xeito DIY como o microscopio a partir dunha webcam, non se centrará a mesa de traballo nisto especificamente.