Saudos, comunidade!
Desde Chuza, cremos interesante sacar adiante un pequeno proxecto, un Pinterest para a comunidade galega, sempre ela tan creativa. Para iso, temos a intención de probar este software: https://github.com/pinry/pinry . O software parece interesante, mais está falto de funcionalidades que botamos en falta, p.ex., a internacionalización.
Por iso, a miña pergunta é: está alguén interesado en contribuir ao proxecto? Ainda que empreguemos un fork, o desenvolvemento sería para o proxecto original, facendo pull requests. Persoalmente, paréceme un dos máis interesantes que hai agora mesmo en Github, aparte do Discourse, claro.