Estimados,
Acabo de habilitar un plugin no foro para ter soporte para a Push API, de xeito que agora os que vexades o foro mediante Chrome, Chrome Mobile for Android, Firefox, ou Firefox Mobile for Android, deberiades de poder habilitar notificacións push, como se isto fose mensaxería instantánea.
Deste xeito, aínda que pechedes a ventá do navegador poderedes recibir notificacións por mencións ou polo que as teñades habilitadas.
Para habilitar as notificacións, tedes que irvos ás vosas preferencias, e polo medio atoparedes un botón "Activar notificaciones push" (distinto do de notificaciones de escritorio, que só funcionan coa páxina aberta).
Unha vez pulsado, o voso navegador debería de preguntarvos se queredes autorizar a operación, e unha vez aceptado xa deberiades de recibir notificacións no móbil.
Disclaimer: Debido á implementación actual, para que funcione en Android (tanto en Chrome como en Firefox) precisades ter instalados e funcionando os Google Play Services, xa que ambos navegadores empregan como transporte a Google Cloud Messaging for Android para aforrar batería e manter un único transporte activo..