Un par de ideas para participantes de outros campos ou que non teñan experiencia en programación:
Mapathon de Wheelmap
Wheelmap básicamente é un mapa no que ver ou engadir información sobre accesibilidade en cadeiras de rodas a todo tipo de locales ou lugares polo que sería superinteresante mapear a cidade da Coruña ou cando menos comezar para axudar a mellorar a mobilidade das persoas con mobilidade reducida.
Incluso se houbera interese poderíase ver de planificar unha estratexia para fomentar o uso de Wheelmap na cidade, cómo facer difusión do proxecto, organizar algun outro evento, incluso con asociacións.
Sería xenial dispoñer da axuda de alguén con experiencia en temas de mobilidade reducida 
Análise da Coruña en bici
Na cidade de Madríd fíxose unha análise periodística do uso da bicicleta e de bicimadrid na cidade, Madrid en bici, e pode ser interesante facer algo similar, seguramente máis básica ou sinxela do uso da bici na cidade da Coruña e da opinión xeral da sociedade sobre o tema.
Molaría moito a axuda de alguén con coñecemento da cidade e/ou da mobilidade en bicicleta.