Boas,
Son novo no foro, aínda que coñecido de algúns do grupo. Quería preguntarvos pola experiencia que tedes co Discourse. Eu agora mesmo son un dos administradores de Chuza! e tamén empregamos o mesmo sistema.
Vexo que tedes a versión 1.6.1. Nós temos instalada a 1.7.3, xa que actualizamos case unha vez por mes. Utilizar a versión de desenvolvimento fixo non puideramos utilizar a maioría dos plugins, xa que non eran compatíbeis. Agora creo que xa está resolto ese tema.
O feito de que ocupe tantos recursos non deixa de ser desconcertante, xa que non debería facelo. Seguramente o ser executado nun contenedor non axuda. Tamén o tema de ter que externalizar o sistema de correo. Aínda que vai ben, creo que non debería non poder usarse un sistema nativo. E o non poder usar máis variacións do tema principal fai que todos os sitios que empregan Discourse se vexan case iguais e polo tanto sexan monótonos. Xa vin por algunha web con modificacións serias, pero non vexo o sistema moi sólido cara a resistir actualizacións.
Esta é a miña opinión. Se vos apetece podedesme dar a vosa tamén.
Saúde!