Movín as respostas aquí para deixar o tema aquel limpio, que foi fallo meu seguir comentando alí seguido tendo ese botón tan majo de responder como tema enlazado.
Ao que ía comentar: que hai cousas das guías de estilo que non só son as pijotadas de cantos espacios/tabuladoras hai que poñer ou donde se poñen os braces.
Hai cousas, ás que tamén hai que facer caso, pero que se refieren á semántica do que se escribe.
Cousas como usar lambdas se se pode para crear componentes que sexan sinxelos e non teñan state/refs:
const Navbar = ({ param }) => (
<div>{hello}</div>
)
e senón, clases ES6
class Blah extends React.Component {
// ...
}
en lugar de React.createClass({})
sempre que se poida.
Sempre poñer un texto alternativo ás imaxes:
<img src="..." alt="Nothing to see" />
Non utilizar índices nun array para a propiedade key dunha lista de React.
Son cousas que non sempre se poden chequear automáticamente, pero que hai que ter en conta igualmente para manter a cohesión no estilo.