Neste foro trátanse diversos temas relativos á asociación e aos GPUL Labs, a nosa actividade insignia deste ano.
Para que este foro?
A idea é que fose máis fácil a interacción ca coas listas de correo, ter un login máis unificado en todo, e poder respostar a mensaxes individuais.
É só para os socios?
Non! Neste socio ten cabida calqueira que dalgún xeito teña relación connosco, sexa polo interese na Cultura Libre, ou especificamente nalgunha actividade que realicemos.
Podo usalo como unha lista de correo?
Máis ou menos. Tes que rexistrarte empregando a interface web, pero podes tanto crear temas como respostar a elese empregando o correo electrónico. Cando esteas subscrito a un tema (porque te mencionen ou ben porque xa o sigas por outra razón) chegarán ao teu email as novas mensaxes correspondentes ao tema. Para respostar só tes que enviar o teu correo á dirección que aparece na cabeceira Reply-To
do propio correo (algo do tipo de reply-XXXX@mail.labs.gpul.org). Isto é unha característica un pouco inestable, pero debera de funcionar ben.
A que dirección envío correos para xerar temas?
Isto aínda non se discutiu, así que antes de xerar as distintas categorías para os temas, imos a buscar consenso para as mesmas.
(ocórresevos algunha outra cousa que poñer aquí? Facédenolo saber
)