Pola presente, convócase Asamblea Extraordinaria de GPUL para o mercores 3 de febreiro de 2016 na Aula de Graos da Facultade de Informática.
Primeira convocatoria: 20:00 Segunda convocatoria: 20:30
Orde do día:
Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea anterior. Lectura de altas e baixas de socios desde a última Asemblea. Inicio da votación á Xunta Directiva. Reconto de votos. Nomeamento da nova Xunta Directiva. Discusión e aprobación, se procede, da vontade da asociación para ser incluída como Asociación de Utilidad Pública (regulada polo RD1740/2003 e con modificacións do RD949/2015), e de inicio do procedemento a tal fin, se procede. Rogos e preguntas.
En caso de non poder celebrarse na Aula de Graos comunicarase unha aula alternativa con tempo suficiente.
Asdo. Marcos Chavarría, Secretario do GPUL.