INTRODUCCIÓNA meirande parte dos sensosres de medición da calidade do aire depende da asunción inicial dunha autocalibración relizada empregando "aire limpo" e traballando con esa referencia coma "punto cero" do sensor. Temos que asumir que esta primeira "autocalibración" nunca será posible en cidades coma Pequín ou Madrid onde a presenza de altas proporcións de diferentes gases é ben coñecida. Non estamos a falar da calibración dos sensores en relación con detectores de gas profesionais senon da calibración automática inicial dos sensores en relación ás súas propias especificacións técnicas.
O QUE TENTAREMOS CONSEGUIR
Durante o Ateneo Atlántico de Prototipado realizaremos un achegamento á construcción dun colector de aire limpo de baixo custo que permita unha primeira autocalibración de sensores máis ou menos standard.
IDEA INICIAL
Se ante condicións extremas en canto á presencia de gases, un filtro de carbono é útil pra poder respirar, imos ter no centro do proxecto algún filtro deste tipo.
Trataremos de construir un espazo relativamente hermético pra introducir os sensores cos que queiramos traballar e xenerar unha corrente de "aire limpo" no seu interior.
Inicialmente traballaremos cos seguintes materiais:
+ Filtro de carbono
+ Ventilador de computadora
+ Lata de patatas desas de cando fas pop e xa non hai stop
NOTAS
Durante o Ateneo e posteriormente, podedes tomar notas neste documento colaborativo:
https://pads.imaxinaria.org/p/airelimpo
Tamén podes seguir a conversa que abrimos en PublicLab:
https://publiclab.org/notes/imvec/11-15-2016/fresh-air-collector